top of page
Carballos-Da-Chanciña-013.jpg

Mitos e lendas

Ao longo da historia de Tebra a tradición oral foi forxando e transmitindo infinidade de contos, lendas e historias, moitas delas vencelladas a feitos e lugares concretos que afondan na peculiaridade dun val xa máxico de por si. Estas historias poden contarse por ducias, incluso centos, moitas recollidas polo mestre e etnógrafo Xosé María Gude, afincado en Tebra, no seu libro Mitos e lendas de Tomiño. Aquí contaremos algunhas delas.

O tardo

O tardo é unha figura mitolóxica, semellante ao trasno e vencellada co demo, que adoptaba formas e aparencias múltiples coa finalidade de amolar á xente. As súas historias adoitaban contarse con fins diversos, ás veces para asustar aos cativos, outras para evitar que a xente vaia a un determinado lugar e outras por simple diversión.

Mitos e lendas
vlcsnap-2021-07-25-01h08m26s718.jpg

As lendas de Grixó

Os lugares sagrados adoitan ser un bo alicerce para a aparición de numerosas lendas, e a capela de Grixó é bo exemplo diso. Tanto a propia virxe, como a capela, o cruceiro situado nas proximidades ou incluso a fonte que se atopa ao seu carón albergan historias que se foron transmitindo de xeración en xeración.

As lendas de Grixó
Mouros e pedra longa.00_04_16_14.Imagen fija001.jpg

A pedra longa

En Vilameán, ao carón dos restos do castro situado nesta parroquia, atópase un penedo coñecido como a pedra longa. Sobre esta gran rocha existe unha lenda que di que foi traída ata o lugar polos mouros, unhas criaturas imaxinarias propias da mitoloxía galega vencelladas á cultura megalítica dos dolmens e outros túmulos funerarios. 

vlcsnap-2021-07-25-02h05m46s538 (2).jpg

O Ponteciñas

O castelo de Tebra é outro dos puntos do val no que corren abundantes lendas, moitas delas con plena vitalidade na tradición oral, incluso na xente máis nova. Unha delas é a lenda do Ponteciñas, un humilde labrego que tivo a afouteza de non dobregarse ante o señor déspota que habitaba no lugar.

O Ponteciñas
bottom of page